lunes, 20 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina Aprende e Xoga de Unicef podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a  Convención, xogos e tamén videos.

Neste vídeo móstrase a exposición de libros que están no corredor do colexio relacionados con este día.


lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017

No seguinte vídeo fotográfico poderedes ver as imaxes relacionadas con todo o que fixemos no Samaín 2017: exposición de contos, chocolatada, decoración dos corredores e do patio infantil...Pasámolo de medo!!!


miércoles, 15 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Instituído no ano 2011, o 15 de febreiro é desde aquela o Día Internacional contra o Cancro Infantil para sensibilizar sobre os desafíos cotiáns que enfrontan enfermos e familias e lograr que todos teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitados. Un lazo dourado simboliza este día.

jueves, 19 de enero de 2017

TERRITORIO DAS ARTES

A Biblioteca Escolar é o “Territorio das Artes”, pois nela atopamos libros que tratan de Arte: de Arquitectura, de Escultura, de Pintura, de Música, de Debuxo, de Cinematografía, de Fotografía, de Cómic, de Literatura, etc.., pero tamén porque os libros en si mesmos son un arte, tanto polos seus textos literarios como polas súas ilustracións, e, incluso, nalgúns casos, pola propia edición do libro.
No corredor do Centro temos unha exposición de libros titulada “Biblioteca Escolar, territorio das artes”, que vos animamos a visitar. Nela atoparedes libros que poderedes levar prestados para casa que vos axudarán a coñecer algo máis sobre as diferentes artes. Que os desfrutedes!




martes, 17 de enero de 2017

Marilar Aleixandre ingresa na RAG

A bióloga e escritora ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira Xosé Neira Vilas.
Moitas son as obras de Marilar Aleixandre dirixidas ao público infantil e xuvenil, desde A formiga coxa Catro cascarolos ou d´A expedición do Pacífico á Cabeza de Medusa, en prosa. En poesía, A ovella descarreirada. 
Ten recibido premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A expedición do Pacífico, o Rañolas por O Trasno de Alqueidón, o Lazarillo por A banda sen futuro ou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por A cabeza da medusa.

Destacamos tamén o seu papel a prol do galego nas ciencias, tanto na literatura como desde a súa Cátedra de Didáctica das Ciencias na USC. Fina Casalderrey,na súa resposta di que “Marilar chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras descareiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes" ata "os que asoman por primeira vez".