viernes, 26 de octubre de 2012

SAMAÍN


Estimadas familias: con motivo da celebración do Samaín, invitámosvos a participar na exposición de cabazas que tódolos anos ven celebrando o centro.
 
A actividade consiste en que as familias axuden aos nenos e nenas a decorar unha cabaza con diferentes motivos.
 
As cabazas deberán entregarse o luns 29 de outubro e permanecerán expostas ata o mércores 31 de outubro.
ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

CORPO HUMANO


   

Estimadas familias:

        Estamos a piques de comezar un novo proxecto sobre o corpo humano. Co fin de motiva-los nenos/as e ter máis fontes de información solicitamos a vosa colaboración traendo da casa todo aquelo relacionado con dito tema (libros, xogos, imaxes, instrumentos médicos ou relacionados coa saúde, información interesante...) e que nos poidades prestar un tempo.

        Ademais, se algún familiar traballa no ámbito do coidado do corpo e da saúde e está disposto a falarnos  sobre el que no lo comunique, xa que estaríamos moi interesados na súa visita.

 

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo de Educación Infantil.

martes, 16 de octubre de 2012

TIBURÓN VOLADOR

Hoxe os alumn@s de 4 anos vimos este divertido vídeo.  Que lle pasará ao pescador? Esperemos que vos guste!

miércoles, 10 de octubre de 2012

PROBLEMAS NO BLOG

Xa están solucionados algúns enlaces do blog (artigos de interese, proxectos...). Perdoade as molestias! No caso de que haxa outros problemas agradecemos que no lo comuniquen. Moitas Grazas!!

FESTA DO MARISCO

As nenas e os nenos de Infantil decoramos o corredor con medusas de cores para celebrar a "Festa do Marisco".

jueves, 4 de octubre de 2012

FESTA DE ANIVERSARIOS

Xa se poden ver algunhas fotos da 1ª festa de aniversarios do curso 2012-2013. Parabéns!!
PINCHADE NA IMAXE