miércoles, 19 de diciembre de 2012

ANIVERSARIOS

Hoxe celebramos a segunda festa de aniversarios do curso 2012-2013. Pasámolo xenial!!

2º FESTA DE ANIVERSARIOS

MOITAS GRAZAS!!

De parte de equipo de Educación Infantil queremos dárlle as grazas a ANPA  polo gran agasallo que nos fixeron. Agora xa podemos por as mans na masa para os doces!!. Aproveitamos tamén para agradecerlle a Manuel que nos fixese un estupendo moble para poder manexarnos co forno con facilidade.

martes, 13 de noviembre de 2012

lunes, 5 de noviembre de 2012

SAMAÍN

Celebramos o Samaín no cole!!
Fixemos receitas de arañas!, colares con formas monstruosas, trouxemos e debuxamos cabazas e ademais disfrazamonos de pantasmas!!

viernes, 26 de octubre de 2012

SAMAÍN


Estimadas familias: con motivo da celebración do Samaín, invitámosvos a participar na exposición de cabazas que tódolos anos ven celebrando o centro.
 
A actividade consiste en que as familias axuden aos nenos e nenas a decorar unha cabaza con diferentes motivos.
 
As cabazas deberán entregarse o luns 29 de outubro e permanecerán expostas ata o mércores 31 de outubro.
ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

CORPO HUMANO


   

Estimadas familias:

        Estamos a piques de comezar un novo proxecto sobre o corpo humano. Co fin de motiva-los nenos/as e ter máis fontes de información solicitamos a vosa colaboración traendo da casa todo aquelo relacionado con dito tema (libros, xogos, imaxes, instrumentos médicos ou relacionados coa saúde, información interesante...) e que nos poidades prestar un tempo.

        Ademais, se algún familiar traballa no ámbito do coidado do corpo e da saúde e está disposto a falarnos  sobre el que no lo comunique, xa que estaríamos moi interesados na súa visita.

 

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo de Educación Infantil.

martes, 16 de octubre de 2012

TIBURÓN VOLADOR

Hoxe os alumn@s de 4 anos vimos este divertido vídeo.  Que lle pasará ao pescador? Esperemos que vos guste!

miércoles, 10 de octubre de 2012

PROBLEMAS NO BLOG

Xa están solucionados algúns enlaces do blog (artigos de interese, proxectos...). Perdoade as molestias! No caso de que haxa outros problemas agradecemos que no lo comuniquen. Moitas Grazas!!

FESTA DO MARISCO

As nenas e os nenos de Infantil decoramos o corredor con medusas de cores para celebrar a "Festa do Marisco".

jueves, 4 de octubre de 2012

FESTA DE ANIVERSARIOS

Xa se poden ver algunhas fotos da 1ª festa de aniversarios do curso 2012-2013. Parabéns!!
PINCHADE NA IMAXE



miércoles, 26 de septiembre de 2012

Periodo de adapatación

Lémbrámosvos que o venres día 28 de setembro de 2012 remata o periodo de adaptación do alumnado de 4º curso de Infantil (3anos).  A partires do luns 1 de outubro comeza o horario normal. Grazas.

martes, 25 de septiembre de 2012

lunes, 17 de septiembre de 2012

NOVAS AULAS

Despois das dificultades debidas as obras, xa podedes ver como quedaron as novas aulas de Infantil. Esperemos que vos gusten!!

AULA DE 3 ANOS

 
AULA DE 4 ANOS



AULA DE 5 ANOS





sábado, 15 de septiembre de 2012

BENVIDOS!!

Aquí estamos os mais pequechos para contarvos todo o que acontece neste curso 2012/2013.


miércoles, 20 de junio de 2012

GRADUACIÓN INFANTIL

Xa podemos ver algunhas fotos da graduación dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil!!

miércoles, 13 de junio de 2012

martes, 8 de mayo de 2012

Chegou o día agardado. Están nacendo os poliños! En breve subiremos algunhas fotos e vídeos.

lunes, 7 de mayo de 2012

MAÑA É O DÍA ESPERADO!!

Mañá os poliños sairán dos ovos e por fin lles veremos o peteiro. 
ESTAMOS MOI ANSIOSOS!!

miércoles, 18 de abril de 2012

ESPERAMOS POLIÑOS

 
Hoxe incubamos ovos de galiña!! Tardarán 21 días en nacer os poliños. AGARDAMOS IMPACIENTES!!!!! 
Podedes ver máis fotos pinchando na imaxe.

martes, 27 de marzo de 2012

NOTA


Estimadas familias:

Comunicámosvos que a 3º festa de aniversarios que estaba prevista para o mércores día 28 de marzo pasará para o venres día 30 de marzo coincidindo así co remate do segundo trimestre.
Tamén aproveitamos para dicirvos que o venres 30 de marzo os nenos e nenas levarán as viseiras para lavar e volverán traelas o martes día 10 de abril.

Grazas pola vosa colaboración. 
Un saúdo.
                    

lunes, 19 de marzo de 2012

Sesión de Contacontos

Juan Sendín veu contar un conto feito por el titulado " La niña y el zapato".
Os nenos e nenas de 5 anos desfrutaron moito.
Moitas grazas e esperamos velo de novo.