A
bióloga e escritora ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real
Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira Xosé Neira
Vilas.
Moitas
son as obras de Marilar Aleixandre dirixidas ao público infantil e
xuvenil, desde A
formiga coxa a Catro
cascarolos ou d´A
expedición do Pacífico á Cabeza
de Medusa, en
prosa. En poesía, A
ovella descarreirada.
Ten
recibido premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A
expedición do Pacífico, o
Rañolas por O
Trasno de Alqueidón, o
Lazarillo por
A banda sen futuro ou o Premio
Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por
A cabeza da medusa.
Destacamos
tamén o seu papel a prol do galego nas ciencias, tanto na
literatura como desde a súa Cátedra de Didáctica das Ciencias na
USC. Fina Casalderrey,na súa resposta di que “Marilar
chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras
descareiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as
que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes"
ata "os que asoman por primeira vez".
No hay comentarios:
Publicar un comentario